5 sept. 2009

As Meninas de Canido





Debutamos en directo
!!
A partir de la 21:30
en la Plaza de la Tahona en Canido, Ferrol con:

Al Vila,
Roger de Flor,
Alberto Pérez
Carrero Bianco.

Tocamos:
- Y no saber jamas...
- Días
- No respiro
- La chica del parque
- Memorias póstumas de un acróbata en el circo
- No se porqué (Massiel)
- Minha menina (Os mutantes)
- About you (Teenage Fanclub)



II Edición As Meninas de Canido. Arte na rúa 2009.
Durante o mes de agosto do ano pasado, farto de ver a situación na que se atopaba unha parte do Barrio de Canido, en Ferrol (A Coruña), con casas en ruínas, o pintor Eduardo Hermida decidiu mostrar o seu rexeitamento e chamar a atención pintando unhas orixinais Meninas nas fachadas dalgunhas das casas.

A esta iniciativa sumáronselle Gustavo Sequeiro e Avelino Castro e, nunha semana, uns 10 edificios atopábanse marcados con estes orixinais "graffitis".
Jorge Cabezas contribuíu realizando a súa Menina pero dous veciños descontentos coa súa obra decidiron tapala "a brochazo limpio".

Eduardo, Gustavo, Avelino e mais outra veciña, Carmela González, decidiron entón adicar unha xornada a reunir a unha serie de fotógrafos, músicos e pintores e crear a denominada acción artística "As Meninas de Canido. Arte na rúa".

O 20 de setembro de 2008 o barrio engalanouse de arte cunha participación enorme, e a xornada artística convertiuse nunha festa na que se xuntou todo o barrio e disfrutaron dun día cheo de arte, cor e ilusión.

Debido ó éxito obtido, este ano repetimos agardando disfrutar doutro día tan marabilloso como aquel.